17.4.08

Unhas recomendacións web

Algunha das últimas ligazóns que ao mellor lle interesa consultar:

http://www.yunu.com Portal para atopar amigos, futuros enimigos e, quen sabe, moz@s? Xa hai case tres millóns de persoas rexistradas. Malo será que non atopes alguén...

http://www.tvtrip.es. Farto de que che dean gato por lebre? ou suite por habitación cutre salchicheira? Nesta web poderás atopar vídeos de hoteis onde xa se aloxou outra xente, e saber o que en realidade alugas para as túas vacacións. Aínda non atopamos nada do Barbanza, pero, señor hostaleiro, váise preparando.

http://sclipo.com. Retransmite as túas habelenzas. Ou sexa, sabes facer algo que pouca xente sabe? un cesto por exemplo? Pois envíao a este portal de vídeos. Hai cousas moi curiosas, por exemplo abrir unha cervexa con papel, ou facer un divertido globo. E tamén receitas, cambiarlle o aceite ao coche ou mesmo ensaiar golpes co pau de golf. Ao ser vídeos didácticos, moitas cousas non precisan de saber un idioma.

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical