6.10.09

Fotografía: un rianxeiro crea un grupo sobre fotos vellas de Galicia en Flickr

Sobre Fotos antigas de Galicia / Old photos from Galicia

Neste pequeno curruncho poderemos ir recompilando a memoria fotográfica de Galicia. Imaxes históricas que amosen como era as antes as nosas cidades e aldeas, os costumes de antano, as tarefas típicas do campo... En definitiva, un lugar onde ir almacenando a nosa memoria colectiva.

Como iso de fotos antigas é moi relativo, tomarase a década de 1970 como un punto de inflexión para permitir as fotos neste grupo.

***************

COMENTARIOS
Se queres utilizar o logo do grupo para comentar as fotos do mural, copia o seguinte código no teu comentario:

Fotografías antigas de Galicia

Vista en: Fotografías antigas de Galicia

E verase así:

Fotos antigas de Galicia


Vista en: Fotos antigas de Galicia

***************

CONVITES
Se queres usar o logo do grupo para convidar a outro usuario a que colgue as súas fotos neste grupo, copia o seguinte código no teu comentario:

Fotografías antigas de Galicia

Gustaríanos que esta foto formase parte do mural de Fotografías antigas de Galicia


Vaise ver así:

Icono Fotografías antigas de Galicia

Gustaríanos que esta foto formase parte do mural de

Fotografías antigas de Galicia

Tedes fotos de antes de 1970? A que esperades para contribuír?
Onde van eses de Sagres, en Aguiño, con fotos de hai cen anos? Este sería un bo sitio para velas e non unha confraría un domingo pola mañá nada máis!
Parabéns ao creador/administrador do grupo. Xa temos unha razón máis para entrevistalo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical