A Sociedade Ornitolóxica Galega, en colaboración coa Concellaría de Desenvolvemento Local do Concello de Dodro, organiza este sábado unha xornada adicada á escribenta das canaveiras, ave en perigo de extinción. A xornada comezará ás 10:30 h. no Hotel Pazo de Lestrove. Durante a mañá haberá catro conferencias para, pola tarde, a partires das 15:30 h. realizar unha visita guiada aos carrizais do Ulla nas Brañas de Laiño para observar de preto o paxaro.
O ano 2009 é o ano mundial da escribenta; tendo en conta que da subespecie de escribenta das canaveiras hai moi poucos exemplares en todo o mundo e que a súa poboación máis grande habita nas terras de Dodro, faise máis importante, se cabe, dito acto.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario