Dodro, 24 de marzo de 2010. O próximo mércores 31 de marzo os habitantes do concello de Dodro participarán nunha saída a Santiago de Compostela na cal visitarán a Escola Galega de Consumo, un centro permanente de formación situado nas instalacións do Instituto Galego de Consumo, organizada pola concellaría de Igualdade e Benestar.
O obxetivo é ampliar a formación e concienciación como persoas consumidoras, para o cal impartiranse dous obradoiros: sobre CONSUMO RESPONSABLE e sobre ETIQUETADO, a través dos cales os/as asistentes poderán, dun xeito ameno e didáctico, ampliar os seus coñecementos sobre estas cuestións de uso diario e que influen na nosa economía doméstica e no medio ambiente, co fin de que unha acción que realizamos todos os días, como é facer a compra, sexa máis consciente e beneficiosa para os nosos bolsillos e incluso a nosa saúde. Os obradoiros serán impartidos por persoal técnico especializado da Escola Galega de Consumo. Posteriormente, a visita recalará na Cidade da Cultura onde os/as asistentes poderán visitar as obras no Gaiás durante unha hora e media e ca asistencia dun guía que lles irá informando da situación actual desta obra tan chamativa e dos progresos na súa construción da cidade da cultura. Logo haberá un xantar. O custe total é de 10 €.
"Queremos con este tipo de oferta formativa e lúdica contribuir a mellorar a calidade de vida da xente de Dodro", explicou a concelleira Vitoria Rei Mariño. Aínda quedan prazas dispoñibles das 45 totais, polo que os/as interesados/as poden poñerse en contacto cos Servizos sociais do concello de Dodro para formalizar a súa inscrición.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario