Avisarán na data na que se poida voltar organizar...
A causa ten nome de muller: Xynthia.
Cal é a razón? Os de Galiza Nova cóntano no seu Facebook:
"Este sábado de catro a nove os locais de ensaio do Centro Social de Boiro estarán abertos para todos aqueles grupos de Rianxo que queiran ensaiar alí. Este é un acto de protesta ligado á campaña a prol dun local para a mocidade en Rianxo. Deste xeito manifestaremos que a realidade é distinta do que refflicte o goberno actual. É unha mágoa que a cultura que nace debaixo das pedras rianxeiras teña que ir a outro concello para poder, neste caso, ensaiar ao quente e sen pagar nada, nadiña. Quen estea interesado que se poña en contacto connosco".Por se non chegase, argumentan nunha nota de prensa:
"Este sábado 27 de febreiro, Galiza Nova Rianxo celebrará unha Xornada de Portas Abertas no Centro Social de Boiro desde as 4 ata as 9 como protesta pola falta de locais desta índole no seu propio Concello, onde os grupos rianxeiros que o desexen poderán participar. Demostrarase in situ a numerosa cultura musical emerxente nas súas aldeas. En verdade, é unha mágoa que teñan que recorrer a outro concello, neste caso Boiro, para poder ensaiar ó quente e de balde. Os nacionalistas rianxeiros queren dar a ver deste xeito que é unha realidade manifesta. Existen mozos que ensaian e non teñen onde, polo que se demanda a posibilidade do uso do Auditorio. Dado que o goberno actual non destinou os cartos do Plan Anticrise na reforma da antiga clínica para convertela nunha Casa para a Mocidade, agora o mínimo é que este colectivo poida empregar as instalacións xa existentes no Concello".
Un asunto do que en Certo xa falamos no seu día aquí e aquí
nullPosted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario