Xacobeómetro
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia vén de presentar a través dos seus deputados Xoaquín Fernández Leiceaga e José Manuel Lage Tuñas unha iniciativa parlamentaria na que destacan que “sería positivo que se evitaran este tipo de situacións que crean confusións e onde se mezclan as marcas institucionais e os logotipos dun partido político, xa que é preciso delimitar ben os espazos propios de uso das marcas e logos oficiais”.
Santiago, 3 de maio de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, presentou hoxe de maneira urxente unha iniciativa parlamentaria para o seu debate no pleno do parlamento sobre a utilización do logotipo institucional do Xacobeo 2010, propiedade da Xunta de Galicia, en actos dunha formación política, como é o Partido Popular de España en Venezuela.
O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas cree que “o mellor que pode facer o señor Rueda Valenzuela é explicar que normas rixen a utilización dos logotipos oficiais da Xunta de Galicia e que lle parece a utilización dun logotipo institucional xunto aos emblemas do I Congreso do Partido Popular de España en Venenzuela, onde el mesmo participou en calidade de secretario xeral do PPdeGalicia”.
Lage Tuñas expresaba hoxe que “o goberno galego debe explicarse, e decirnos se avala o uso dos logotipos e marcas rexistradas da Xunta de Galicia xunto a marcas, emblemas e logotipos dunha formación política” tal e como o reflexou un membro do goberno na sesión do pleno do parlamento e proseguiu decindo que é preciso unha explicación oficial “xa que non parece moi apropiada a utilización de logotipos dunha institución como pode ser o referido ao Xacobeo 2010 nun cartel publicitario dun partido político, neste caso o Partido Popular de Venenzuela.”
O Viceportavoz do Grupo Socialista entende que “é necesario unha explicación clara por parte conselleiro da Presidencia,xa que se fixo unha utilización partidaria dun logotipo institucional por parte do PP nun acto no que ademais él mesmo participou activamente”.
”A viaxe institucional a Venenzuela do conselleiro da Presidencia está levantando moitas suspicacias ao terse utilizado un recurso público como é unha marca institucional, Xacobeo 2010, conxuntamente cos emblemas e símbolos do Partido Popular na celebración dun Congreso”, afirmaba hoxe José Manuel Lage.
”O señor Rueda participou de xeito activo en Caracas no I Congreso do Partido Popular de España, onde se utilizou o logotipo do Xacobeo 2010, mezclando unha marca dunha institución cun evento partidario, o que incrementa as dúbidas sobre a separación real de actividades institucionais e partidarias por parte dos actuais dirixentes do Partido Popular”.
Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo
Lage Tuñas entende que “as palabras do conselleiro de Cultura e Turismo avalando que se pode utilizar un logotipo ou unha marca da Xunta por parte de calquera formación política merecen unha explicación do Presidente da Xunta de Galicia, e seguramente unha rectificación, que ata o de agora non se produxo”.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia vén de presentar a través dos seus deputados, Xoaquín Fernández Leiceaga e José Manuel Lage Tuñas unha iniciativa parlamentaria na que destacan que “sería positivo que se evitaran este tipo de situacións que crean confusións e onde se mezclan as marcas institucionais e os logotipos dun partido político, xa que é preciso delimitar ben os espazos propios de uso das marcas e logos oficiais”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario