Ti que es de Rianxo ou de Taragoña ou de Asados ou d´O Araño ou de Leiro ou de Isorna ou de toda canta parte e parroquia haxa que sabes porque cho dixeron ou cho contaron ou o viviches ou o pensaches ese conto ou historia irreal ou asunto investigado ou anécdota ben un costume ou tradición mariñeira rianxeira da Guadalupe ou doutras festas e aconteceres relixiosos
COLABORA
ESCRIBE E MANDA ESE RELATO OU POEMA
OU VÍDEO QUE GRAVACHES AQUEL DÍA
ESE CONTO QUE REPETÍA O AVÓ CEN VECES
OU AS COUSAS DA MADRIÑA CANDO ERA NOVA
OU…
PARA A NOSA REVISTA DAS FESTAS DE GUADALUPE
Envía axiña, para ir facendo sitio, os teus textos sen excederes as 1500 palabras (4000 caracteres) ou 3000 palabras (8000 caracteres resolución de 300 puntos por polgada) con imaxes fotos ou debuxos ao seguinte enderezo electrónico libro@guadaluperianxo.org ou ben utiliza o correo ordinario
Asociación “A Moreniña”
Casa da Cultura Cuartel Vello
Praza Castelao s/n 15920 Rianxo A Coruña
981866381 667185577
ISO SI ANTES DO 31 DE MAIO
Ánimo participa e quedaremos profundamente agradecidos
A Comisión de Festas de Guadalupe 2010 e o ENDL do IES
Antes do 31 de maio! Espabilade! Quedan apenas tres semanas!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario