Noia, 7 de setembro de 2010. Sobre as sete da tarde detectouse unha vertedura ilegal no río San Xusto, ao seu paso pola parroquia de Sampaio. Diversas autoridades municipais desprazáronse ata alí para tomar mostras e estudar de onde procede, averiguar que material é o causante e aplicar as medidas legais pertinentes aos responsables. Ao parecer, a vertedura non cheiraba a nada, polo que se descartan, en principio, hidrocarburos.
Río San Xusto ao seu paso polo mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, en Lousame O río San Xusto nace en Fontefría e fai unhas espectaculares fervenzas ao pé do mosteiro co seu nome, en San Xusto de Toxosoutos, no veciño municipio de Lousame. Ao ir descendendo, xúntase co río Vilacoba no núcleo de Xei e forma o río Traba, que esmorece xa na ría de Muros e Noia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario