A Pobra, 3 de novembro de 2010.- O Psoe municipal emitiu unha nota de prensa na que explican os motivos polos que reclaman menos opacidade nas contas ao goberno da Pobra, en mans do PP. Como acostumamos, a nota íntegra:
- Informe sobre determinados incrementos salariais superiores ós legalmente previstos.
- Informe sobre a aprobación de facturas. Omisión de procedemento de contratación por exceder o importe ou prazo de duración dos contratos menores. Ausencia de factura pola prestación do servizo.
- Informe sobre a recadación de taxas por ocupación de dominio público. Inexistencia de liquidacións ou autoliquidacións xustificativas da recadación.
A inexistencia de liquidacións xustificativas sobre a recadación de taxas pola ocupación do dominio público, pódenos facer pensar o peor, da deriva que poidan ter eses cartos. Todos estes temas son de gravidade extrema porque cos cartos públicos o Sr. Isaac debe ser exquisito e transparente. En todo caso supoñendo que eses informes foran irrelevantes non tería inconveniente en facilitalos, desta maneira o único que nos queda que pensar, no mellor dos casos, é que se trate de chapuzas ou trapicheos administrativos, sempre de mal gusto, porque non hai mellor orgullo que ser transparente e honrado. É imposible ter debate no Pleno si se nos censura a información, tendo en conta que todos eses informes son parte da conta xeral do 2009 e da necesidade de fiscalizar o uso correcto ou indebido dos fondos públicos. O obxectivo é que se atendan as peticións da oposición, (claro está, si non hai que agochar), porque a conta que se aprobe nese Pleno procede dos impostos de tódolos pobrenses e non da economía familiar do Alcalde, (que esa soamente lle afecta a el). Por outro lado recoñece publicamente que efectuar inversións cos fondos propios do concello é unha tarefa difícil. Recomendámolle que reduza os gastos en atencións protocolarias, en pompa e boato, porque con eses actos minguan as arcas municipais. Toda esa propaganda tan vistosa pagámola todos os pobrenses. Menos gastos improdutivos e máis eficiencia e racionalidade na xestión. Este dispendio dos pasados días contrasta coas reclamacións dos proveedores, que como almas en pena, van cada día intentar cobrar o que se lles debe, e para eles non hai cartos. Esta si é a nosa preocupación, menos derroche e máis pagar ás persoas que prestaron servizos. Reclamamos TRANSPARENCIA, e un concello que saiba os recursos económicos cos que conta, e a quen se lle debe. O concello da Pobra non é o “cortijo” do Alcalde".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario