15.12.10

Dodro: o domingo 19 de decembro entrégase o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" de poesía no colexio do mesmo nome

Dodro, 15 de decembro de 2010. O vindeiro día 19 de decembro, ás 17:00 horas terá lugar no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón o acto de entrega do Premio de poesía do mesmo nome ao traballo gañador deste ano 2010, obra de Luís Valle Regueiro.

No transcurso da velada, haberá unha actuación poético­ musical de Eva Veiga para rematar co tradicional aperitivo de celebración que o Concello lles ofrece a todas as persoas asistentes.

Para facilitarlles a asistencia aos veciños de Dodro, dispoñeranse 2 microbuses da empresa Autocares Bustelo que farán unha recollida polos lugares habituais.

Ruta 1 : Bustelo-­Teaio-­Devesa­-Castro­-Imo­-Bexo-­Manselle- Laíño para o CPI
Ruta 2 : Pexegueiro­-Traxeito-­Paisal-­Rialiño-­Lestrobe­-Dodro-Vigo para o CPI

A recollida será a partir das 16:00 horas (catro da tarde).

Un día antes, tamén en Dodro:


A de Axuda: o sábado 18, xornada deportivo-solidaria

Antes publicamos:


Premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón": fallo do xurado en 2010

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical