31.12.10

Lousame: a Cabalgata de Reis leva aparellada unha caravana de autobuses

Os cabalos da cabalgata de Lousame serán reais, non como os Reis

Lousame, 31 de decembro de 2010. O mércores 5 de xaneiro celebrarase a Cabalgata de Reis en Lousame. A Cabalgata comenzará as 16.30 h en Portobravo e irá dende o Cruce do Polideportivo ata a Farmacia.

Ás 17.00 h levaranse a cabo unha serie de actividades como Inchables, paseos en poni, mascotas animadas, xogos e chocolate quente con rosca para todos na praza Teodomiro Hidalgo.

O Concello pon a disposición de todos un servizo de autobuses gratuito que recollerá aos rapaces no lugar sinalado e devolveraos ao seu destino ao remate da cabalgata. Os menores de 6 anos deben de ir acompañados dun titor.

En caso de facer mal tempo os Reis Magos trasladaranse o Polideportivo Municipal "Pilar Barreiro Senra" na Silva, coa mesma programación de actividades e no mesmo horario.

Dende o Concello animan a todos a participar.


SERVIZO AUTOBÚS

Autobús 1:
Saída ás 15:15 h. de SABUGUEIRO pasando por SAN XUSTO, SEDOFEITO, BARGO, FONTEFRÍA, MIRÓN, LESENDE, CAIRO, HORTA e BÉXERES.

Autobús 2:
Saída ás 15:15 h. de VILAR DE TÁLLARA pasando por PONTE DE SAN FRANCISCO, MERELLE, MEIXONFRÍO, BARREIRA, GUIENDE, PASCUAL, TÁLLARA, CERNANDE, ABEIXÓN, CARANTOÑA, SANGUIÑAL, MARRACÍN, OUTEIRO, MAXIDE e BERRIMES.

Autobús 3:
Saída ás 15:15 h. de BURZÓ pasando por MILLÓN, ZARAMAGOSO, ARDELEIROS, ESCABIA, FRUÍME, VILAS, SILVARREDONDA, MINAS DE SAN FINX, GANDARELA, CES, BOCA DO SOUTO, CHAVE, SEIXIDO, FILGUEIRA e ALDEAGRANDE.

Autobús 4:
Saída ás 15:30 h. de ALDARIZ pasando por XESTOSO, SERVIA, COMPARADA, VILACOVA, VILAR DE RECONCO, ALTO DA ARMADA, AFEOSA, CRUÍDO e BOUCIÑAS.

Autobús 5:
Saída ás 15:30 h. de CAMBOÑO pasando por ARXELLAS, SOUTELO, CASTRO e CERQUIDES.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical