Noia, 15 de decembro de 2010. A última sesión da tertulia literaria "Noia, porto de Compostela" tivo lugar onte, martes, e os protagonistas foron o académico e xeógrafo irlandés Patrick O`Flanagan e a súa dona, María Jesús.
Patrick O`Flanagan é un xeógrafo e académico irlandés cuxa principal investigación se centra na Europa Atlántica, con particular interés no Atlántico de Iberia. O fío condutor da tertulia foi o debate xerado trala lectura das obras “Xeografía Histórica de Galicia” e “Puertos de las ciudades del Atlántico de Iberia, c. 1500-1900”. Este prestixioso profesor e xefe do Departamento de Xeografía da Universidade de Cork (Irlanda) comentou que sempre mantivo relacións coas universidades do Atlántico na Península Ibérica e especialmente coa Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1969 visitou por primeira vez a vila de Noia, momento en que contactou co catedrático Antonio Gutiérrez de Velasco, co cal mantivo unha amizade que trascendeu o profesional.Tres anos de tertulia literaria
Nun acolledor espazo do café bar “Baixamar”, cada martes, gozan da maior saúde os compoñentes da tertulia literaria, “Noia, porto de Compostela”. Incrementar coñecementos a partir de comentarios e análisis de textos literarios ou xornaísticos, así como debater o contexto social, económico e político de Noia dende unha perspectiva crítica do pasado, presente e futuro, son os obxetivos principais polos que semanalmente comparte o tempo o mencionado clube de lectura. Dende o inicio dos encontros, hai uns tres anos, pasaron por esta tertulia noiesa invitados como Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Xerardo Estévez Fernández, ex alcalde de Santiago de Compostela e arquitecto ou o tamén arquitecto Ignacio Hermo Túñez, entre outros. Os diálogos co ribeirense José Antonio Ventoso Mariño sobre a súa “Historia das historias da escola”, ou co poeta e premio Cervantes Antonio Gamoneda, supuxeron para os lectores da tertulia de Noia a oportunidade de descubrir diversos aspectos das súas obras, as súas faces e as súas voces.Relacionada:
Literatura: o poeta noiés Leiceaga con Gamoneda en Santiago
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario