A plantación será ao pé da área para autocaravanas de praia XardínBoiro, 23 de febreiro de 2011. O Concello de Boiro, en colaboración coa asociación Boiroverde, adicarase a repoboar con especies arbóreas autóctonas a zona que está ao pé da área de autocaravanas de praia Xardín (indo hacia Escarabote, antes da ponte). Colaborarán os escolares dos colexios Praia Xardín e Santa Baia.
Por outra banda, o vindeiro venres 25, o alcalde presidirá a inauguración da nova sede do Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias, tamén ás 12 do mediodía, no polígono industrial da Espiñeira.
A sede de bombeiros de Boiro tamén está na EspiñeiraEste edificio, así como as novas naves de oficios e o pañol de obras, foron financiados con cargo aos fondos FEIL 2009 e FEESL 2010, cun importe conxunto de algo máis de 976.000 euros. O edificio conta cun garaxe de 150 metros cadrados útiles, destinado aos vehículos e lanchas de que dispón este servizo, e unha planta superior con outros 260 metros útiles, divididos en dependencias destinadas a vestiarios, oficina xeral, sala de reunións (que tamén se utilizará para a impartición de cursos) , almacén, cociña – sala de estar e zona de descanso. Na actualidade, o GRUMIR dispón destes medios para desenvolver o seu labor:
un camión de bombeiros, un vehículo de primeira intervención, catro todoterreos, catro lanchas e un remolque de intervención (dotado de material a utilizar en emerxencias como bombas de achique, motoserras, etc.).
O ámbito de actuación de Protección Civil e Emerxencias de Boiro abarca distintos tipos de intervencións, desde accidentes de tráfico, incendios forestais e urbanos, recollida de animais abandonados e busca de persoas desaparecidas ata a vixiancia e salvamento nas praias. Tamén prestan asistencia na organización de festas, concertos e todo tipo de actividades nas que se producen importantes concentracións de persoas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario