A obra, centrada ata o de agora na zona non afectada por dita autorización, adxudicouse no mes de maio de 2010 Noia, 11 de febreiro de 2011.- A adscrición do dominio público marítimo terrestre aprobada hoxe polo Consello de Ministros para a variante de Noia permitirá á Xunta de Galicia avanzar na súa execución, centrada ata o de agora na zona non afectada por dita autorización, informou a propia Xunta no día de hoxe. A obra, que se atopa adxudicada dende o mes de maio de 2010, poderá abordar agora a fase construtiva máis importante, é dicir, a execución da ponte sobre a ría, que enlazará a vía de alta capacidade Brión-Noia coa estrada AC-550 dirección Porto do Son sen ter que pasar polo centro da vila.
A variante ten unha lonxitude de 4,8 quilómetros e unha anchura de máis de 10 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña. Unha vez rematada, a variante de Noia canalizará preto de 3.000 vehículos diarios que escollerán esta vía para realizar os seus desprazamentos. Isto implica unha redución do volume de tráfico de máis dun millón de vehículos ao ano, que aforrarán mais de 4 quilómetros respecto do percorrido actual. A actuación conta cun investimento de 38 millóns de euros. Relacionadas:

Outes: escaralla viva a paisaxe a variante? fan falta as inaguracións?
Política: o Bng di que sacar a escolleira é "unha operación estética"
Rexeneración da Ría: máis preto, trala reversión de 224.000 m2
Infraestruturas: a Xunta di que agarda ao Consello de Ministros para facer o viaduto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario