Servizo de Urbanismo
Adolfo Muíños tamén sinalou a necesidade de impulsar un servizo de urbanismo municipal con medios técnicos suficientes para poñelos ao servizo dos veciños, para dar solucións reais e cun absolutamente transparente, de independencia e que dea estabilidade, lonxe dos fichaxes caprichosos que teñen feito que en cinco anos seis arquitectos a dedo teñan pasado polas oficinas do concello para ser os directores da área.
Participación veciñal e transparencia na xestión
O candidato do BNG explicou tamén o desexo de favorecer a presenza e participación directa dos veciños nos plenos, ampliando a celebración dun pleno mensual no que poidan intervir para plantexar os temas que eles mesmos queren abordar e interpelar os concelleiros das actuacións a desenvolver. "Isto obriga a manter unha liña de comunicación cos colectivos das parroquias e que estean ao tanto destas convocatorias municipais. Promoveremos unha auténtica reforma das canles de comunicación a comezar desde o portal web do concello nas que estarán dispoñíbeis todos os acordos públicos que se tomen nos plenos e comisións, as convocatorias e as ofertas laborais. Transparencia, pois nada se ten que agochar nin ocultar e menos aos veciños", salientou o candidato á alcaldía polo Bng.
Adolfo Muíños pediu a "Leiras de Rianxo" que sigan funcionando despois das municipais como até agora "sendo activos, dinamizadores da participación e críticos sexa quen sexa a forza que goberne, iso rexenera a institución e da vitalidade ao noso concello". Amosou tamén o compromiso de manter este diálogo non só con Leiras, senón co resto das asociacións rianxeiras. Por parte de Leiras, os directivos sinalaron a necesidade de que se pense nas parroquias, nas que existe a sensación de seren "as grandes esquecidas da actuación do executivo". "Como manifestei hai uns días no Araño -respondeu o candidato- a miña vontade é chegar a dotar de medios económicos ao orzamento municipal para que directamente se poidan encamiñar desde os consellos de participación parroquial aquelas actuacións prioritarias".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario