Agora o Auditorio Municipal albergar unha exposición artística na que se mostran os principais resultados obtidos nos devanditos talleres, celebrados nos meses de abril e xullo. Os materiais que se amosan foron producidos colaborativamente por un equipo dunhas 50 persoas. Mediante vídeos, audios, fotografías e mapas, os xóvenes elaboraron as súas narracións acerca dos aspectos ecolóxicos, culturais e socioeconómicos das súas comunidades e o seu territorio.
Esta exposición, que xa estivo no IES Leliadoura e na Confraría de Pescadores de Aguiño, pretende amosar na capital municipal o traballo realizado por estes rapaces e provocar unha reflexión sobre a identidade das comunidades e dos seus habitantes, así como os seus problemas e retos de futuro.
A mostra estará aberta ata o 24 de febreiro, en horario de luns a venres, de 10 a 14 horas, e martes, mércores e sábados, de 19 a 21 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario