Foto oficial na web da Moncloa do ministroBoiro, 1 de abril de 2011. O ministro de Fomento do Goberno Español, o palense José Blanco, achégase este sábado 2 de abril a Boiro para dar unha conferencia no Foro Empresarial que organiza a Asociación Boirense de Empresarios. A charla leva por título "Reformas para el progreso económico" e suponse que nela intentará darlle creto ás iniciativas do Goberno Zapatero para saír da crise económica actual. A conferencia é aberta a todos os públicos e da comezo ás oito e media da tarde na casa de cultura "Ramón Martínez López" (na Cachada) de Boiro. Entre conferencia e preguntas dos asistentes, crese que a sesión finalizará sobre as dez da noite. Antes de pronunciar a charla, o tenente de alcalde de Boiro, Juan Jesús Ares, vai invitar ao ministro a visitar os castros de Neixón, onde a bo seguro recibirá a petición de continuar coa actual -e innecesaria por outra banda- ampliación do Centro de Arqueoloxía da Barbanza, que está estancada por falta de cartos, igual que as escavacións. Relacionada:
Diadermin Hidratante: electro-pop sen complexos que vai e vén entre a Illa de Arousa e Boiro. Un dos seus temas estrela titúlase "Pepiño Blanco rima con todo".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario