- Sodeco (Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal) encargábase dos chiringuitos das Fundacións Comarcais, que tampouco foron disoltas no bipartito
- Aprobáronse dúas leis no Parlamento para extinguila, e non se cumpriron
- O Psoe afirma que o peche de Sodeco confirma "o fiasco" da comarcalización na que o PP investiu millóns de euros en 15 anos
- Lage Tuñas argumenta que Feijóo "cunha man fai publicidade e propaganda dunha falsa austeridade e coa outra bótalle de comer financieiramente a esta sociedade mercantil"
Sodeco foi un invento de Manuel Fraga e o integrante do Opus e catedrático de Xeografía Humana Andrés Precedo Ledo. Fraga propugnara durante un tempo a administración única e acabou facendo un nivel máis de administración, pois con Sodeco xa eran catro (central, autonómico, municipal e comarcal)
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2011. O portavoz de Area Institucional do Grupo Parlamentario Socialista Jose Manuel Lage Tuñas interveu hoxe na Comisión 1ª do Parlamento para interpelar á Xunta sobre os motivos polos que o Goberno de Alberto Núñez Feijoo non disolve a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (SODECO), tal e como contemplan dúas lei do parlamento de Galicia, unha do ano 2008 patrocinada polo goberno Touriño e outra ben recente como foi a lei de orzamentos aprobada en decembro de 2010.
Lage Tuñas destapou hoxe na comisión que a Xunta de Galicia “ autorizou un convenio coa SODECO con vixencia ata o 15 de decembro de 2011, o que deixa en evidencia a publicidade e propaganda dos plans de racionalización e a disolución de chiringuitos. Neste caso sigue vivito e coleando, con financiación para o ano 2011”.
Alí denunciou que “Feijoo cunha man fai unha cousa (publicidade e propaganda) e ca outra segue alimentando financieiramente a esta sociedade”, algo que contradí o “os seus anuncios publicitarios sobre a austeridade”.
O deputado socialista preguntoulle con claridade si o Goberno de Feijoo ten pensado disolver SODECO, e o Director Xeral asegurou na súa resposta que aínda non teñen tomada ningunha decisión.
Lage afirmou que “estamos diante dunha farsa e a Feijoo caéuselle a careta, porque aquí hai unha proba evidente de que non disolveron esta sociedade e xa levan dous anos gobernando”, sobre as súas promesas de racionalizacións da administración autonómica.
Lage Tuñas lembrou que dentro do teórico plan de “racionalización” da Administración autonómica e xunto á extinción das 34 fundacións comarcais, a Lei de Acompañamento de decembro do 2010, prevé tamén, como xa proxectara o anterior goberno, a “disolución” da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (SODECO) e a integración dos seus cometidos na Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural (AGADER).
“Todo quedou nun brindis ao sol xa que a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) conta en 2011 cun importante orzamento, concretamente, 7,1 millóns. A propia consellería de Medio Rural transferirá ao longo de 2011 a Sodeco, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural un total de 3,1 millóns de euros.”
“E agora a maiores podemos comprobar que no Consello da Xunta de Galicia do 17/03/2011 autorizou un convenio coa Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (SODECO) por un importe de 438.291 euros e con vixencia ata o 15 de decembro de 2011. U-la disolución da SODECO” explicou Lage Tuñas na comisión parlamentaria.
O deputado do PSdeG afirma que “esta decisión contradice unha vez máis os reiterados compromisos de “racionalización” por parte do Sr. Conselleiro da Presidencia, e pon en entredito tódolos anuncios propagandísticos que leva facendo ao longo dos últimos dous anos.”
“Durante os ano 2009 e 2010, o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo cansouse de anunciar en repetidas ocasións a disolución da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal (Sodeco).”
“O conselleiro da Presidencia anunciou ao longo da lexislatura varios plans de racionalización da administración, coa eliminación das fundacións comarcais e da sociedade para o desenvolvemento comarcal.”
“No debate dos orzamentos para o ano 2011 volveu o Sr. Rueda a anunciar unha vez máis a disolución da Sodeco, que xa quedará autorizada por lei a finais do ano 2008.”
Lage Tuñas afirma que “a desaparición da SODECO será o certificado do fiasco que supuxo a lei de comarcalización de Galicia patrocinada polo Partido Popular fai 15 anos”.
“Un auténtico fiasco e que supuxo un importante despilfarro económico. A lei de comarcalización e a creación do Sodeco son responsabilidade exclusiva do Partido Popular e dos respectivos gobernos da Xunta de Galicia ao longo dos ano 90, no século XX, e tamén a comezos do século XXI. Seguramente o feito de ter que recoñecer un estrepitoso fracaso está facendo que os actuais gobernantes remoloneen e non cumpran cos acordos existentes.”
“O goberno galego está incumprindo a legalidade vixente e non está procedendo á disolución dos organismos contemplados na mal chamada Lei de de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.”
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario