Imaxes de arquivo, de cando gañaron a Bandeira da Concha en EuskadiBoiro, Cabo de Cruz, 7 de agosto de 2011. Cumpríronse as previsións e a embarcación feminina "Rías Baixas" -Rianxeira- proclamouse vencedora no Campionato de España Feminino “I trofeo FER”, que se disputou esta tarde na localidade de Pedreña. A regata disputouse por primeira vez a catro longos e tres ciabogas, o mesmo percorrido que as embarcacións masculinas.
Pero o trato desde esta federación, á hora de repartir os premios non é igual. Para os mozos: Trofeo e recompensa económica. Repartíronse 44.000 euros. "O premio para as nosas campionas: TROFEO SOAMENTE. Cansámonos de esixir, A IGUAL ESFORZO, IGUAL RECOMPENSA. Miles de quilómetros temos que percorrer, para conseguir a igualdade, é incrible, que nestas datas nos atopemos con discriminacións desta índole", explican dende Mudega (Mulleres Deportistas Galegas).
"Felicitamos ás campionas porque é un orgullo para o deporte galego contar cun equipo como a SD Rías Baixas que engade un título máis (neste caso o Trofeo Federación) á súa colección de éxitos desde que saltaron ao mar na Concha no verán do 2008", rematan no seu comunicado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario