- Os sábados 10 e 17 de decembro estarán na escola de Traxeito recollendo as doazóns
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade está a organizar a Cabalgata de Reis do Concello, que por primeira vez Dodro terá unha Cabalgata única para todo o concello a tarde do día 5 de xaneiro.
As distintas asociacións do Concello están a colaborar na organización e estanse mantendo reunións para concretar o recorrido e as actividades a realizar para ese día e para o Nadal. Preténdese que por primeira vez Dodro teña unha Cabalgata de Reis como os demais concellos e que teña continuidade nos próximos anos e consensuada coas asociacións xa que son representantes dos veciños do concello.
Así , os Reis de Oriente solicitan axuda de voluntarios/as do concello para acompañalos na cabalgata ese día. Para máis información deberán dirixirse ao departamento de servizos sociais municipal ou chamar ao teléfono 981 802 466.
Programa "Xuntos polo Nadal"
Tamén a a mesma concellería publicita estes días o programa “Xuntos polo Nadal”, destinado ás persoas maiores que polo Nadal se atopen soas, para que pasen estas datas (do 23 de decembro ao 1 de xaneiro) acompañados dun clima de convivencia e participación na Residencia de Tempo Libre do Carballiño en Ourense.
O prazo para solicitalo é ata o 30 de novembro e poderán facelo no departamento de servizos sociais do concello ou no teléfono 981 802 466.
Pode que tamén lle interese:
Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario