- A primeira quenda vai do 26 ao 30 deste mes
- A segunda, do 31 de decembro ao 5 de xaneiro
- Só para nenas e nenos entre 6 e 12 anos
- Inscricións: no CIM ata o 22 de decembro
No campamento os pequenos realizarán varias actividades lúdicas e formativasNoia, 9 de Nadal de 2011. A Concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Noia, Sofía Caamaño Lado, informa de que a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), vaise pór en marcha un proxecto de fomento da conciliación laboral e familiar. Para comezar, levarase a cabo nestas vacacións de Nadal o campamento de conciliación “IGUALCAMP”, destinado a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
A actividade terá lugar na Casa da Agra (clube de xubilados) e desenvolverase en dúas quendas.
Cada neno/a poderá inscribirse nunha das dúas quendas, a primeira será dende o luns 26 de decembro ata o venres 30 de decembro e a segunda será do sábado 31 de decembro ata o xoves 5 de xaneiro. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.
As inscricións realizaranse no Centro de Información ás Mulleres, no edificio de Servizos Sociais, sito no Curro, e o prazo de inscricións será do 12 ao 22 de decembro.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario