- Organiza o colectivo medioambiental Boiroverde
Carregueiros, con chuviaBoiro, 2 de abril-na semana de paixón en que arderon as Fragas do Eume- de 2012-. Boiroverde levará a cabo o vindeiro 14 de Abril unha ruta de sendeirismo con fotodenuncias. Tratarase dunha ruta circular, que comezará e terá o seu remate en Rebordelo, pasará por distintos puntos como Triñáns, o Chazo e as Praias de Carragueiros, ata completar uns oito quilómetros aproximadamente. As condicións de tránsito serán boas, din os organizadores, polo tanto a ruta será de dificultade baixa, apta para todos los públicos.
A fotodenuncia poderase realizar en diferentes puntos da ruta xa que pasa por diversos vertedoiros incontrolados. Colabora a asociación fotográfica Olláparo.
A asociación de senderismo Vintedous Pés tamén colaborou na planificación da ruta, aínda que polo momento non saben se poderán asistir presencialmente á propia ruta.
Nesta actividade poderá participar todo aquel que o desexe levando roupa cómoda, auga, gorra se fai sol e algo para picar no descanso que haberá na metade da ruta. Comezará ás 10 da mañá e está previsto que remate sobre a unha da tarde. Os interesados poderán anotarse no Centro Social de Boiro, no correo boiroverde2012@gmail.com ou no número de teléfono 981842635.
Tamén en Boiro:
Sendeirismo: o 7 de abril, de Río Grande a Río Beluso
14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo
Semana Santa 2012: programación relixiosa
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario