16.10.12

Ribeira: convocadas axudas para deportistas non profisionais residentes no concello

Media_httpfarm4static_jhhem

Imaxe de arquivo da Carreira do Corgo, por terras de Ribeira 

Ribeira, 16 de outubro de 2012.- Se no día de onte o Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba as bases polas que se rexe o outorgamento de subvencións para a promoción de actividades culturais, na edición de hoxe do BOP dáse conta da convocatoria de achegas do Concello de Riveira dirixidas a deportistas non profesionais residentes no municipio.

Onte, en Certo:


Axudas: para actos culturais de entes sen ánimo de lucro. Ata 26 de outubro para pedilas

 

Así, dende a Administración Local convócase concurso para outorgar, en réxime de concorrencia competitiva, e baixo os principios de publicidade, transparencia e igualdade, bolsas a deportistas ribeirenses non profesionais que pertenzan ou non a entidades deportivas do Concello, e que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano 2011, co obxectivo de apoiar e fomentar a práctica e o rendemento deportivo.

Poderán solicitar bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter condición de deportista na práctica de algún deporte olímpico
  • Estar empadroado no Concello de Ribeira, cunha antigüidade mínima de xaneiro de 2008.
  • Ter licenza federativa, durante o ano 2011, expedida pola Federación Deportiva correspondente.
  • Estar ao corrente das obrigas fiscais co Concello, así como das obrigas coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social.

Ata 1.500 euros por deportista

A contía máxima das bolsas serán de 1.500 euros. O límite global das bolsas a outorgar, de acordo co crédito orzamentario existente, será de 5.850 euros.

As solicitudes deberán ser presentadas no Rexistro xeral do Concello durante un prazo de 15 días, que comezará a computarse a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOP.

A avaliación das solicitudes realizarase pola Concellería de Deportes atendendo á valoración de distintos criterios, como son o interese xeral (mellor resultado do deportista en campionatos oficiais rexionais, nacionais e internacionais), categoría e continuidade na práctica deportiva.

A Xunta de Goberno do Concello estudará todas as solicitudes presentadas e, á vista do informe elaborado polo Concelleiro de Deportes, a propia Xunta de Goberno acordará a concesión e o pagamento das bolsas.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical