Nesta ocasión, segundo tivo oportunidade de explicar o edil Martínez Queiruga, a contía repartida entre todos estes deportistas ascendeu a 5.850 euros, distribuídos en base a unha serie de criterios que incluían o mellor resultado en campionatos oficiais rexionais, nacionais e internacionais, a categoría ou a continuidade na práctica deportiva. A beca mínima foi de 155,70 euros e a máxima de 467,11 euros.
Os deportistas becados foron Alejandro Vidal Álvarez, María Vilas Vidal, Ana Peleteiro Brión, Virginia Villar Soria, Manuel Ángel Parada Folgar, Francisco Javier Sieira Rodríguez, Lara Ouviña Martínez, Adriano Jiménez Dosantos, Ángel Parada Martínez, Miguel Martínez Murás, Ainara Brión Cameán, Manuel Davila Lustres, Miguel Cobas López, Laura Dosil Gago, Manuel Parada Martínez e Pablo Chouza Oujo.
Ruiz Rivas quixo transmitir a súa felicitación -tanto aos propios deportistas como aos seus clubs, técnicos e pais- polo excepcional traballo que están facendo e avanzou que dende o Concello se están a barallar distintas fórmulas poder incrementar o ano que vén tanto a contía das becas como o número de deportistas que podan beneficiarse delas.
De igual xeito, o rexedor local incidiu na importancia que ten a práctica do deporte para crecer como persoa e aludiu ao respaldo que teñen de parte do pobo de Ribeira. “Sentímonos orgullosos cada vez que vemos a un de vós en calquera lugar do mundo destacando”, afirmou.
Ribeira: un Nadal cheo de actividades para grandes e cativ@s post.ly/A3kIa
— Certo (@Certo) December 27, 2012
Ribeira: O Apalpador vén a cidade da man de Altofalante post.ly/A3jwG
— Certo (@Certo) December 27, 2012
Ribeira: o Concello súmase á moda de apoiar o comercio local nestas datas post.ly/A3kED
— Certo (@Certo) December 27, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario