- No restaurante O Castelo, organizada por integrantes de Compromiso por Galicia
Muros, 28 de decembro de 2012. Mañá, sábado 29 de decembro, vai ter lugar ás 20:30 h. no restaurante O Castelo de Muros unha charla-debate sobre as consecuencias que están tendo e poden ter para os usuarios ou posibles usuarios de Novagalicia Banco todo o que está acontecendo con esta entidade. Falarase de preferentes e subordinadas, da supresión de oficinas e de postos de traballo, da desaparición da obra social e toda esta desfeita. Contarase coa presenza de Manuel Pérez Arias e Xoán Antón Pérez Lema, presidente e secretario respectivamente de Agaprofi (Asociación galega de afectados por produtos financieiros). É un acto aberto a toda a cidadanía no que posteriormente se poderá debater libremente cos concelleiros María Xosé Alfonso Torres, de CxG; José Manuel Quintela Fernández e María Sambade Lloréns (CxG).
Encerro d@s AFECTAD@S POLAS PREFERENTES no CONCELLO de BOIRO. ÁNIMO VECIÑ@s. twitter.com/bngboiro/statu…
— bngboiro (@bngboiro) December 26, 2012
Xa van dous dias de encerro dos AFECTAD@S POLAS PREFERENTES. twitter.com/bngboiro/statu…
— bngboiro (@bngboiro) December 28, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario