- Hai 30 días para presentar alegacións e suxestións dende que se colgue para exposición pública, tanto en Internet como no Concello de Lousame e na Xunta
- A autorización outorgouse por un prazo de vixencia de cinco anos, polo que se están realizando os trámites correspondentes para a súa renovación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
O proceso desta concesión vaise publicar no Diario Oficial de Galicia nos próximos días
Lousame, 2 de xaneiro de 2013.- Segundo informou onte a Xunta, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas somete a información pública o proxecto de renovación ambiental integrada do Complexo Medioambiental de Tratamento de Residuos Sólidos e Asimilables a Urbanos da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, situada no concello de Lousame, que xa conta con autorización ambiental dende setembro de 2008, sendo o titular da mesma a súa empresa concesionaria, Fomento de Construcciones y Contratas. Esta resolución e sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días.A autorización outorgouse por un prazo de vixencia de cinco anos, polo que estanse realizando os trámites correspondentes para a súa renovación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.O sometemento da documentación a información pública é un dos trámites contemplados para as renovacións no Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación. Por elo, esta permanecerá exposta ao público, por un período de 30 días hábiles.Alegacións e suxestións
Durante este prazo calquera interesado poderá consultala e, no seu caso, formular as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. A documentación estará exposta nas seguintes dependencias: Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería, e no Concello de Lousame.
Ao remate do prazo de información pública, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estudará as alegacións, suxestións ou observacións presentadas, téndoas en conta na resolución do expediente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario