Rianxo, 26 de febreiro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais rianxeira organiza unha charla informativa sobre a temática da alimentación como a base para unha boa saúde. Terá lugar o sábado día 2 de marzo ás 19:00 h no auditorio.
Será impartida por Luis Miguel García Bruzos, especialista en terapias e tratamento de medicina natural, acupuntura, osteopatía, iridoloxía, homeopatía, dietética e alimentación.
A temáticas que se tratarán serán as seguintes:
- Como recuperar a saúde
- Como evitar enfermar
- Como coñecer as causas ou orixes das nosas enfermidades para poder correxilas.
- Como correxir: gases, torticole, dor de cabeza, ...
Nota de Certo:
A maior parte das "materias" que aborda este parasanitario non teñen base científica ou son directamente rexeitadas pola comunidade científica, como a homeopatía ou a naturopatía. Asista, se quere, a esta charla, mais baixo a súa responsabilidade.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario