O Hospital de Ribeira, xunto co de Cee, son os únicos de Galicia sen celadores, por un estrano capricho do Partido Popular Ribeira, 15 de febreiro de 2013. A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da comarca de Barbanza, Integrada en SOS Sanidade Pública de Galicia, quere mostrar a súa solidariedade coa mobilización dos traballadores do Hospital de Barbanza que promoven un encerro no Hospital o luns 18 de xaneiro, "en protesta polos brutais recortes de dereitos laborais e salariais e a precarización das súas condicións de traballo, que está levando a cabo a Conselleria de Sanidade", sinala.
Desde a Plataforma SOS, que integra organizacións sociais, veciñais, de enfermos crónicos, profesionais, sindicais, políticas e ONG, "baseamos o noso apoio en que a degradación das condicións dos profesionais e traballadores sanitarios repercuten directamente na atención dos pacientes e na calidade da atención que reciben. Estas medidas contra os traballadores súmanse aos recortes de dereitos sanitarios e ao copago. Por todo iso consideramos que a loita dos profesionais e traballadores do Hospital é a mesma que as dos cidadáns e usuarios da sanidade, polo que só a alianza de ambos colectivos pode frear o deterioro, desmantelamento e privatización dos servizos sanitarios en Galicia e no Barbanza".
A plataforma convoca unha rolda de prensa o luns 18 ás 16.30 no hall do hospital onde amosarán o seu apoio ás reivindicacións e mobilizacións do persoal, e invitan a toda a cidadanía a unirse ás mesmas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario