Imaxes: Xoán Antón Castro, de FotosdeRianxo.com
- Trátase da cafetería Toffe desta localidade, que patrocina ao Club de Motociclismo Teo
Imaxes de grupo dos integrantes do C.M. Teo
Rianxo, 11 de marzo de 2013. O club de motociclismo Teo (C.M. Teo) presentou o pasado sábado, 9 de marzo, a súa escadra de pilotos na cafetería Toffe, o seu principal patrocinador para a tempada deste ano. Na presentación estivo de invitado o alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños.
A meirande parte dos pilotos deste motoclub -o que máis aspirantes presenta para os títulos a desputar- estiveron presentes, entre eles os integrantes que este ano compiten no Campionato Galego de Trial: Víctor Pérez, José A. Botana, Javier Neo, J. Carlos Waldomar, Manuel Mella, Alberto Fernández, Luís Piñeiro, Pablo Gontán, Álvaro Pérez, Martín García, Brais Mirón e o propio patrocinador, David Alcalde. A seguinte competición vai ser o vindeiro domingo, 17 de marzo, en Bueu, na que xa é a segunda carreira da tempada.
Un dos responsables principais da organización, transporte, trámites federativos e demais requisitos para competir é Casimiro García, vello coñecido no mundo trialeiro. Ademais dos pilotos e o director deportivo estiveron na cita de presentación os mecánicos especializados do motoclub, representados por Alfonso Montoto -Moto 93- e os mochileiros dos pilotos, Juan Ordóñez e Pepe. Xunto a todos eles estiveron a familia e os amigos que apoian este deporte de motor.
Bo resultado de Barbanza o pasado 24
A primeira carreira da tempada foi o pasado 24 de febreiro en Entrimo. Os pilotos barbanzáns acadaron bos resultados, sobre todo polo podio de Juan Carlos Waldomar, que rematou de segundo a proba e de Javier Neo, que rematou cuarto na categoría TR35. En TR4 quedaron ás portas de subirse ao podio os pilotos Álvaro Pérez e Brais Mirón, que foron cuarto e quinto respectivamente.
Campionato Galego de 2014 en Rianxo
Os representantes do Motoclub Teo aproveitaron a ocasión para exponerlle ao Alcalde rianxeiro a idea de poder organizar para a tempada 2014 unha proba deo Campionato Galego en terras de Castelao, ao cal o Alcalde se sumou e se puxo á disposición para que este proxecto chegue a bo porto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario