26.6.09

As Catedrais, en Ribadeo


Din que é a mellor praia de Europa e a peor da Mariña luguesa (non se emprega como praia polos do lugar, pois a marea sube demasiado e hai que recoller os bártulos para non mollarse). O seu nome orixinal é praia de Augas Santas. Chegou Calvo Sotelo (D.E.P.) e uns amigos madrileños e trocáronlle o nome por este turístico de As Catedrais. Este arco que ven é o máis exterior. Os magníficos están ao fondo. Hai que mollar os pés e escoller días que baixe moito, moito, a marea. Logo non digan que non ían avisados!

25.6.09

Coidadiño no mar


Non é que poidamos atopar unha vaca buceando, pero hai outros perigos máis evidentes. Non se confíen demasiado, sobre todo en certas praias nas que a resaca tira de caralliño... Todos os anos, por desgraza, hai que rescatar a alguén. E ás veces, non hai remedio.

24.6.09

Meigas fóra!

Suponse que é para iso...

21.6.09

Barcos e gaivotas





Esta foto de Xarfa lembrounos unha serie que tiñamos nós...

Evidentemente, o poder dunha boa cámara contra un móbil non ten comparanza. Pero hai que estar alí, con algunha cámara.

20.6.09

TORRES DE ALTAMIRA

Outro lugar para ir ver, por suposto.
E un novo traballo estupendo de Xoán de Arco da Vella

19.6.09

As artimañas de Obama


P052009CK-0015
Cargado originalmente por The Official White House Photostream

O outro día mata unha mosca e agora, para reconciliarse coas organizacións de defensa dos animais, ponnos no seu Flickr unha foto engaiolante do seu can de augas portugués...

Non sabe nada este Obama!

Mmhhh, que pracidedddddd


Ponte Panoramica
Cargado originalmente por Jose M Turnes

Que serenidaddddd

RAP DA BESTA TOÑITO DE POI

Apatrullando o monte... é o pouco que conseguimos escoitar!

Paso de pedra


Paso de pedra
Cargado originalmente por fotosderianxo

En Rianxo hai un lugar que se chama Dorna. En Ribeira é o nome da festa máis popular. Din que a dorna era unha embarcación viquinga. Onde nos leva todo isto? Que estamos a un paso de pedra de todo...

http://fotosderianxo.wordpress.com/

18.6.09

Non nos acabamos de acostumar

Cada día vemos máis vídeos nesta ponte, pero non acabamos de collerlle o gusto...

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical