22.10.09

Outes: Xornadas de exaltación do Patrimonio Cultural

Os actos destas xornadas vanse celebrar na Casa da Cultura de Outes do 26 ao 31 de outubro, explícanos Xoán X. Mariño, Presidente da Asociación Cultural e Cívica Terra de Outes.

Download now or preview on posterous
invitación.doc (1233 KB)

Download now or preview on posterous
programa.doc (23 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: foise o protagonista do camiño da Loureira

Por se aínda non viron esta fenomenal curta, agora teñen unha razón máis. Descansa en paz, Ramón.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: concentración en Ribeira de apoio aos secuestrados no 'Alakrana'

O venres 23 de outubro, ás 12 do mediodía, a Praza do Concello de Santa Uxía de Ribeira será escenario, en nome das Corporacións Locais de Boiro e Riveira, dunha concentración en apoio dos tripulantes do atuneiro vasco secuestrado Alakrana. Tamén se sumou Valga.

En YouTube hai tres vídeos sobre o Alakrana, na que sae algún dos tripulantes hoxe en día lamentablemente secuestrados:

</object>
</object>
</object>

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Divulgación científica: Xurxo Mariño dalle un "repasiño" ao programa Conciencia da USC

E de paso, aos xornalistas. Este Xurxo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Historia: novo libro sobre Os Irmandiños

A portada que ilustra esta nova é dun dos primeiros libros de Carlos Barros sobre o asunto. Agora, xa na editorial noiesa Toxosoutos, o historiador presenta "Torres, varas e demos. Os irmandiños na ría de Muros-Noia". Na presentación en Outes, este venres 23 de outubro, estará tamén Xerardo Agrafoxo, historiador de Noia e o ilustrador da obra, Manuel Mariño. Na casa da cultura de Outes hai unha mostra cos debuxos que adornan este libro.
O autor ten unha páxina web con todos os seus traballos e actividade divulgativa no eido da Historia: http://cbarros.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

21.10.09

Arqueoloxía: Neixón e Vieito, dous castros irmáns?

Iso suxire o blog Arqueoneixón en http://neixon.blogspot.com/2009/10/castros-irmanados.html
Cuxa imaxe vén de http://www.castrodovieito.co.cc/
E sobre o Castro do Vieito, en Viana do Castelo, (en galego sería Bieito? Benito en castelán? ou é outra etimoloxía?) pouco podedes mirar na Wikipedia: http://pt.wikipedia.org/wiki/Castro_do_Vieito

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: carné por puntos significará máis ilegalidade e burocracia, di o Bng

Download now or preview on posterous
11449-asinado.pdf (77 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Motor: a XI Subida ao Iroite, esta fin de semana

Toda a información na web oficial
http://www.ralinoia.com/iroite/index.html

Para que imos duplicar nada?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Novo buscador: Creative Search

En Google texto estamos primeiros, pero no resto quédanos moito que facer!
Adxudicado este buscador para facilitarnos o traballo! Probádeo, é sorprendente! Son suizos, ou buscaron polo menos a Confederación Helvética para o seu dominio (CH)
-E agora entre nós, que demo é iso do látex certo?-

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: "Aquelas Costureiras, Aquelas Mulleres"

Do mesmo xeito que a Coca Cola rematou con case todas as fábricas de gaseosa de Galicia (ai La Pitusa, que lembranzas!), Zara e demais empresas textís remataron con este oficio que se practicaba nas mesmas casas e só durante algunhas épocas do ano... Houbo unha Galicia na que non había tendas, ou non se podía ir a elas, que non había transporte! Si, hóuboa, non hai tanto! Interesantísimo artigo neste blog do 25 aniversario do IES "Praia de Barraña".

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical