24.2.08

Tal día coma hoxe

Nace en Santiago Rosalía de Castro (o seu verdadeiro nome era María Rosalía Rita, gustoulle tanto que non lle puxo ningún dos tres aos seus sete fillos). Era 1837
Primeira emisión en probas da Radio Galega. Era 1985
Aparece Vieiros , o primeiro xornal electrónico en galego. Era 1996.

Tamén é a data na que Gutenberg sacou do prelo a biblia coa súa imprenta, cando presentaron á ovella Dolly, cando un tal Tejero (Teixeiro castelanizado, supoñemos) se entregou porque non deu conseguido un golpe de estado, cando Rumasa foi expropiada... Pero pasan tantas cousas que "case" non son interesantes, que non os imos aburrir

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola. Porén, a Rosalía (e ao seu home Manuel Antonio) parece que si lle gustaba a combinación de nomes. Os seus fillos chamáronse:
Ovidio Emmanuel
Amara Honorata María del Carmen
Alejandra Teresa
María Aurora (Aura)
Adriano Honorato Alejandro
Valentina
e, tal vez o máis eufónico,
Gala Blanca Eleonora

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical