24.2.08

Encontros do CAB

No Barbanza non temos desertos, pero de area abofé que non andamos escasos. As nosas dunas tamén agachan interesantes misterios arqueolóxicos.

Pasamos a mañá do sábado nos II Encontros de Arqueoloxía do Barbanza que se celebraron, ao igual que o ano pasado, no Centro de Interpretación dos castros de Neixón. O programa matinal foi ben interesante. En primeiro lugar, José Manuel Rey rememorou unha mítica excavación dos 80 levada a cabo no illote de Guidoiro Areoso, no medio da Ría de Arousa. Como ves na foto, o Guidoiro Areoso é unha illa case paradisíaca, que combina unha área dunar e outra formada por grandes cons. Nese illote había un auténtico cemiterio megalítico. Os arqueólogos excavaran unha pequena anta totalmente expoliada que está no cumio, e despois, “por pura fortuna”, atoparon un incríbel monumento circular soterrado baixo tres metros de area, construído a finais do megalitismo e empregado ata o principio da Idade do Bronce. Ao carón do monumento, os arqueólogos atoparan ata 80 olas cerámicas de gran calidade, algunhas delas campaniformes, e algunhas pezas metálicas, xunto con ósos de bóvidos, cápridos, suídos e mesmo dunha foca monxe. “Aínda teño pesadelos”, dixo Rey, “cunha pequena estrutura do carón que podería ser un enterramento secundario”. É a frustración das campañas arqueolóxicas, cando quedas a piques de descubrir algo.
Cidades e tumbas baixo a area do Barbanza | Capítulo 0

Un barbanzán, de Palmeira, relátanos a mañá do sábado. En Capítulo 0, unha bitácora que se vai facendo referente xa.

Blogged with Flock

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical