Os Chiquilicuatres presentan na Festa da Chuvia o seu disco sen disco: nun pen drive·Os Chiquilicuatres presentan na Festa da Chuvia o seu disco sen disco: nun pen drive - Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
Os Chiquilicuatres presentan na Festa da Chuvia o seu disco sen disco: nun pen drivemércores 12 de marzo do 2008, por Fernando Sarasqueta | Enviar por e-mail | Chuza!A banda de Ribeira Os Chiquilicuatres, que está a presentar un traballo que é máis elocuente no seu título có 99% de todo o que nos chega polo correo postal (Delitos de Autor, chámase), anda á procura de novos xeitos de comunicación cos seus seareiros, a poder ser deixando á SGAE en vía morta. O caso é que para dar a coñecer ó grande o seu disco, os integrantes da banda (Suso Bello, Alberto Millán e Fernando Pérez) vanse apoiar en dous piares a primeira vista incompatibles pero finalmente non tanto: por unha banda, o formato festeiro-etílico-musical de romaría galega e, pola outra, as novas tecnoloxías da información.Concretamente, a festa elixida para a presentación en casa propia vai ser a Festa da Chuvia, esta fin de semana en Ribeira, sendo a tecnoloxía que a soporte un pen drive en toda regra.Deste xeito, segundo nos contan no sitio de Eniac Informática, o disco desta banda non é tal disco. Pola contra, o que se vai poñer á venda na dita festa é o traballo de Os Chiquilicuatres nunha memoria USB, memoria que ten espazo como para incluír en breve o concerto do grupo esta fin de semana Ribeira, ó que (precisamente) poderemos optar en pouco tempo sempre que teñamos entre mans o dito pen drive.Toda esta enleada, segundo o grupo, vén a conto para ceibar no futuro ós seus seareiros dun peso importante: o do pago de taxas á SGAE, concretamente as taxas do canon dixital sobre soportes como CDs ou DVDs (o canon do pen drive xa está amortizado).
Haberá que coller servidor propio, ou van pensar que somos unha revista da tenda e academia Eniac Informática (á que lle agradecemos o espazo, claro)
Blogged with the Flock Browser
No hay comentarios:
Publicar un comentario