3.3.08

Federación Galega de Natación - Inicio

Rufino Regueira e Luis Leiro no Torneo Multinacións Júnior.Mércores, 27 de Febreiro do 2008Os nadadores Rufino Regueira Suárez do CN Riveira e bolseiro no CGTD de Pontevedra, e Luis Leiro Álvarez do RCN Vigo e bolseiro na Blume de Madrid, foron convocados para participar coa Selección Española no Torneo Internacional Multinacións Júnior de Natación que se celebra en París o 22 e 23 de marzo. Previamente participarán nunha concentración en Sabadell do 15 ao 20 de marzo.A esta convocatoria tamén acudirá José Rivera, adestrador de natación do CGTD.
Federación Galega de Natación - Inicio

Rufino: un dos varios cracks que ten a natación en Barbanza. Noraboa, rapaz!

Blogged with Flock

1 comentario:

sabela dijo...

Un crack, Rufino. Pero non podemos esquecer a actuales nadadores do equipo de natación Riveira coma Iván Brión (fillo do entrenador, Xoan Carlos) que nunca parou de cosechar méritos, sendo o último a proclamación de campeón de España en augas abertas (Ría de Vigo)e batendo o record que tiña asignado David Meca.
Tampouco debemos esquecer ós veteranos Xosé Manuel Fernández e Gloria Lijó nin ós nadadores que iniciaron os primeiros pasos deste clube: Uxía Muñiz, Xacobo...¿?, Alvaro Reiriz, Sabela Pensado; Jenifer Arnoso, Tania Fernandez... e o trío noiés composto por Martina González Beiras, Rebeca Diez Midón e Raquel Durán Beiras que tamén aportaron numeros puntos e medallas para o clube de Riveira, en especial Raquel, primeira nadadora da comarca do Barbanza en acadar as marcas mínimas para un campeonato de España, entre outras marcas moi respetables en distintos trofeos e durante a liga, polo que foi galardoada polo Patronato de Deportes do Concello de Riveira no ano 1997 pola súa traxectoria deportiva durante a tempada 1996/97
Unha forte aperta ó Clube Natación Riveira

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical