31.3.08

Rianxo coa memoria do mar

O proxecto A memoria do mar chega a Rianxo. Os técnicos do Museo do Mar estarán en Rianxo os días 31 de Marzo e 1, 2 e 3 de Abril en horario de 10:30 a 14:00 horas e 16 a 19:00 horas no local da confraria vella, a disposición dos interesados.
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF

A memoria do mar

|


Na feira Conxemar, Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia, presentou o proxecto A memoria do mar. Este proxecto, financiado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pretende salvaguardar e difundir as miles de fotografías relacionadas co mar que posuen as familias da costa.
Contando coa colaboración da Federacion Galega de Confrarías, van recorrer 25 portos de Galicia, dixitalizando fotografías dos pósitos e dos particulares que voluntariamente decidan colaborar.
A dixitalización farase insitu, e devolveráselles no momento as fotos aos propietarios xunto coa dixitalización nun CD. Ademáis xunto coas fotos recollerase información relativa a estas ou que sirva para poñelas en contexto.
Co material recollido faranse exposicións que difundirán este traballo entre os protagonistas, as comunidades da costa, ao mesmo tempo que aumentarán ás coleccións do Museo e farase un acceso por web a todo o material recollido.
A recollida iniciarase en novembro e a duración do proxecto será proximadamente de 10 meses.
Podedes ver máis detalles deste proxecto neste informe.


Blogged with the Flock Browser

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical