
Nunca deixamos de sorprendernos coa Rede e cos nomes. Estarán boas estas marmeladas? Agardamos que si! Se imos a Inglaterra axiña buscarémolas!
Os montes que cantou Novoneira, as lombas que paseou a noiesa María Mariño... un paraíso ao que sempre hai que voltar!
Coidadiño, que os cabalos da Barbanza non son calquera cousa... hai un montón de sitios con topónimos que se refiren a que esta terra sempre foi de cabalos bravos!
Ata o último recuncho da última aldea quere ter esta orquestra nas súas festas... por que será?
A ver se medra en espectacularidade... vaia profesionais!
Só fai falla estar á hora axeitada e ter sorte de que non haxa nubes. Sitio? Aquí, Ría de Muros e Noia. Segundo o noso sistema, calquera lugar que dea ao oeste.
A imaxinación ao poder! Ás veces, o que fai trunfar non é o barato nin o bo (axudan moito, claro) senón o práctico e o creativo.
Unha tradición espectacular da relación entre o home e o cabalo... outro bo traballo de Paco do Martelo!
Aterrorizadas sería o verbo... aterradas non estaban, que ben que voaban!
Ou de baño de multitudes?
Tanto anglicanismo aínda vai rematar con nós (polo menos coa nosa paciencia). Outdoor... training.. nin que non fora ir ao monte de toda a vida e move-las pernas!
Unha festa só para un Granxeiro último modelo, como Paco do Martelo (e o ripio non o queríamos sacar)
Debemos ser ricos, para ter tanto patrimonio así...
E nós tamén, con moito mimo, subimos fotos da Feira Medieval... no momento de escribir isto íamos pola 70...
http://www.flickr.com/photos/certo/sets/72157621261612383/
A aureola lémbranos a eses negriños que venden agora gafas que aluman pola rúa...
Pero esta é unha Virxe do Carme feita e dereita! Diso non hai dúbida!
Esta foto ten máis de 100 anos... e segue de actualidade!
Innovadora en Barbanza... en Xapón están fartos de velo.
Parabéns pola iniciativa
As sereas sempre chaman por un. Esta saíulle un pouco culona de máis ao escultor, que diría o falecido, que non esquecido, Umbral
Que dan nome a unha festa que medra cada ano... non vos esquezades, esta semana!
Aínda se lle van roubar as ameixas ao pomar do cura?
Temos que investigar!
E con esta magnífica foto que acabamos de ollar no Flickr, que teñan boa fin de semana...
Coma un gato doente a punto de saltar do balcón?
Non todo van ser sereas espidas, castros baleiros e rochas para agocharse miróns!
Por se aínda non estades enterados: o 14 e 15 de agosto, o mellor festival de música de Galicia está na bisbarra de Noia
Chámase o cabalo Boiro? Euge vén de Eugenia, Uxía en galego? A ver se atopamos respostas... Non entendemos moito de hípica, pero a amazona faino moi ben, cremos.
Noraboa aos coruñeses e a todos nós por este nomeamento como Patrimonio da Humanidade. Un día falaremos de Hércules, Heracles, e as súas longas relacións con Galicia.
De 1900. Choveu. E fixo de todo... nós aínda o contamos, pero as da foto imaxinamos que nin de broma!
Outro estupendo traballo de Paco do Martelo, o comuneiro que máis sacha no monte de YouTube en Barbanza
As tellas pintadas contra o trono ou o raio... A meiga axeonllada e con risa pícara... A cada paso que damos, os galegos tropezamos coas nosas teimas, herdadas de tantos séculos de converxencia de crencias e culturas.
Os vellos cultos sempre volven. O culto á auga vén de tempo inmemorial. Non fai falla que nolo traia un gurú norteamericano. Pero se o fai, benvido sexa nesta terra de pedras embruxadas, meigas irredentas, Santa Compaña pantasmal e demais contiños cos que nos animamos os medrosos mortais. E os galegos, os da terra dos mortos, máis.
Practicarían esta arte milenaria os que traballaban e debuxaban as nosas míticas pedras?