19.10.09

Curiosidades: Galicia conta co "hooligan" máis vello do mundo

Aí o teñen. É o do caiado, a punto de atacar. Cando fixemos a foto (hai uns meses no Museo Verbum de Vigo) non sabiamos da perigosidade de Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao (ese ente nun minipiso). Agora, por prensa disque seria, enterámonos que aos seus 95 anos (naceu en 1914) dicta consignas e mesmo agrede a reporteiros. Vaites!

Non se fíen das apariencias. Nin tampouco do titular: disque en Vietnam hai outro señoriño máis rabudo e de máis idade que o noso don Avelino.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical