O Museo do Gravado de Artes (parroquia de Ribeira con este nome) inaugura o 12 de decembro, ás doce do mediodía, unha exposición coa carpeta de gravados titulada "Áncora no Alén", en homenaxe ao artista galego xa finado Urbano Lugrís. Nesta mostra participan os artistas gráficos Manoel Bonabal, Branda, Roberto Castro, Sindo Cerviño, Carmen Cierto, Inma Doval, Víctor Espiñeira, Rubén Fenice, Omar Kessel, Nando Lestón, Karlóm López e Manuel Silvestre. Colabora tamén o poeta Ramiro Torres cunhas composicións.
Con esta carpeta, estes artistas buscan chamar a atención dos medios e institucións públicas arredor do desleixo e esquecemento no que está sumida a obra de Urbano Lugrís, a quen consideran xenio da pintura galega e universal. A mostra ocupará as salas do Museo do Gravado todo decembro deste ano e xaneiro de 2010.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario