Velaquí a acta de resultados do LII (52) Campionato de Natación Absoluto de España de Inverno que se disputou en Castellón esta fin de semana e onde se acreditou como cuarto. O seu tempo, 15:10:59, supón de novo o récord en 1.500 metros libres dentro de Galicia, unha marca que xa tiña el, pero con 25 segundos máis. Por algo Iván Brión Sampedro, xunto con Rufino Regueira, ambos do Clube Natación Riveira, están dentro da lista de Deportistas de Alto Nivel de Galicia.
Polas dúbidas, Iván é o que non ten gafas na imaxe ;)
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario