14.12.09

Cultura: suxiren converter a Fundación Cela en BIC para protexer o legado do Nobel

O PSdeG propón transformar a Fundación Cela en pública e declarala BIC

Iria Flavia, 14 de decembro de 2009. O parlamentario socialista
Francisco Cerviño propuxo hoxe á Xunta que negocie coa Fundación
Camiño José Cela a súa transformación nunha fundación pública. Así o
dixo nunha Proposición non de Lei presentada na Cámara autonómica, na
que propón así mesmo declarar Ben de Interese Cultural esta Fundación
con sede nas Casas dos Coengos de Iria Flavia, Ben de Interese
Cultural.

O parlamentario socialista considera que a mellor solución para a
situación de deterioro do legado do Nóbel galego é darlle a esta
entidade o estatus de fundación pública con achegas privadas en lugar
do actual como Fundación privada con axuda pública.

Cerviño reclama tamén que o Executivo autonómico xestione a
autorización para realiza a inspección do estado físico do legado
habilitando en consecuencia unha achega de emerxencia “para evitar o
seu deterioro ata cotas irreversibles”. Advirte que a situación do
legado, segundo as testemuñas recollidas polos medios de comunicación,
é “dramática”, correndo “serios riscos de perderse ou de sufrir graves
quebrantos”.

Lembra que a pesares do incremento os fondos achegados pola Xunta
durante a pasada lexislatura, e en concreto pola Consellería de
Educación, que representan en torno ao 60 ou 70 por cento dos seus
ingresos, o orzamento ven diminuíndo en termos absolutos. Esta
situación “pon en perigo importantes obras de arte” correspondentes ao
legado de Camiño José Cela.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical