O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza edita unha nova revista, chamada Estega. O número 0 adícase integramente aos problemas da lingua galega. Entre os que son entrevistados ou reportaxeados están dous activistas da Lingua ben coñecidos en Certo: Miguel Louzao, que traballa no IES Coroso de Ribeira e preside a
Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza e a quen entrevistamos
aquí e Valentina Formoso, responsable do Equipo de Normalización do IES Félix Muriel de Rianxo.
Na revista Miguel Louzao mantén un ten con ten con Emilio Ínsua e Valentina Formoso fala do que se fai no ensino pola Lingua. Tamén hai sinaturas invitadas, recensións de libros e cómics e outras cousas que podedes ver por vós mesmos
neste pdf.
Por se o voso interese vai máis aló, a páxina do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza é
http://stegsindicato.org
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario