13.2.10

Dodro: o Entroido está xa en marcha con actividades dos maiores ata o martes 16, o día grande e contacontos o 17


Papada de Antroido celebrada en Traxeito

Dodro, 13 de febreiro de 2010. A xente maior de Dodro, que participa nas Aulas de Educación Permanente, xa iniciou a celebración do Entroido. Durante toda a semana nos distintos grupos (Tallós, Traxeito, Bexo e Lestrobe) celebrouse esta festa tradicional compartindo os doces de elaboración propia típicos destas datas.


Doces típicos en Bexo

   O máis abundante foron as orellas e filloas. A concelleira de Servizos Sociais, Vitoria Rei Mariño, afirmou que "contribuimos así á recuperación e intercambio de receitas e a reforzar as redes veciñais. É un dos obxetivos que tamén cumpren estas actividades permanentes, ademais da estimulación da memoria. Este é o envellecemento activo que facemos en Dodro", e a concelleira móstrase "moi satisfeita de poder facelo posible e da participación da xente maior do concello, que todos os días nos sorprende coas súas aportacións e vitalidade".


Larpeiradas de antroido en Tallós

 
    A próxima semana continuarase noutros grupos, ademais o martes 16 ( festivo local) celébrase a Festa de Entroido na Paxareira  a partires das 17,30 horas.
   O mércores 17 de febreiro ás 15,30 horas, haberá a actuación do contacontos Celso Sanmartín no centro de día de Dodro. Esta actividade é aberta a toda a xente que queira participar, contribuíndo así a integrar as actividades do centro de día coas propias do concello, e achegar este recurso ó entorno. Deste xeito tamén queren facilitar as relacións das persoas usuarias do centro de día con outras coas que teñen pouco contacto e o coñecemento do funcionamento deste recurso. Aproveitando esta actividade e o aniversario da apertura de portas o Concello agradece o labor das profesionais que aquí traballan para facer esto posible, e o cariño e profesionalidade coa que atenden á xente maior desde fai un ano, apostando entre tod@s pola calidade dos recursos públicos no rural!


Entroido en Dodro: programa do martes 17


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical