20.2.10

Porto do Son: o parlamentario socialista Lage Tuñas pide concreción nas datas do polígono

(Nota íntegra do Psoe) Porto do Son, 20/02/2010.-O viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas  vén de presentar catro iniciativas no rexistro do Parlamento co obxecto de pedirlle á Xunta de Galicia que concrete as previsións de tramitación e execución do futuro polígono industrial de Porto do Son.

“O concello de Porto do Son leva anos agardando por unha resposta da Xunta de Galicia sobre o posible desenvolvemento dun polígono industrial neste termo municipal”, afirma o deputado nunha das súas iniciativas.

“A reivindicación permanente por parte da asociación de empresarios do citado concello, así como por parte do goberno municipal, para impulsar un polígono industrial ten atopado atrancos que teñen imposibilitado nos últimos dez anos a consecución do citado complexo empresarial”, reivindica Lage Tuñas.

“Os socialistas galegos temos trasladado ao Parlamento Galego a reivindicación das autoridades locais de Porto do Son e tamén a dos empresarios e empresarias do citado concello en diversas ocasións como se pode comprobar si se acude ao rexistro da cámara.”

Lage Tuñas faise eco das demandas da agrupación do PSdeG-PSOE de Porto do Son, do Goberno Municipal e da asociación de empresarios de Porto do Son para coñecer “cales van as ser os pasos a dar por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para tramitar o proxecto do polígono industrial de Porto do Son”.

O parlamentario socialista destacou hoxe “a firme aposta dos socialistas galegos polo desenvolvemento económico de Porto do Son, tal e como está facendo o novo goberno municipal nos seus primeiros meses de traballo, intenso e laborioso”.

Lage entende que “os empresarios e o conxunto dos cidadáns de Porto do Son teñen dereito a saber cales son as previsións que ten a Xunta ó respecto do citado Polígono, e cal vai a ser a fórmula que van a empregar por parte de Xestur para tramitar o citado parque empresarial”.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PsdeG-PSOE na súa iniciativa parlamentaria interpela á Xunta de Galicia para que dea a coñecer os trámites a seguir para levar adiante a execución do polígono e tamén cal é a previsión temporal para saber en que ano poderá Porto do Son contar con máis solo industrial.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical