26.2.10

Ribeira: recibidos os representantes de Vieste, cidade italiana coa que partilla o programa Regio

Vieste, a perla do Gargano, en Italia

 

Ribeira, 26 de febreiro de 2010.- O alcalde José Luis Torres Colomer e diversas autoridades municipais recibiron hoxe a unha delegación institucional procedente da cidade de Vieste, localidade situada na rexión de Apulia, no sudeste de Italia. O motivo da visita desta expedición ao concello reside en realizar, ata o próximo 4 de marzo, un primeiro encontro de traballo cos seus colegas riveirenses con motivo do programa europeo Regio “Ribeira-Vieste: A cooperación comunitaria para a mediación e resolución pacífica de conflitos socioeducativos”:

 

Cabe lembrar que en virtude deste programa, os dous territorios van entrar nun período de dous anos de colaboración bilateral e intercambio de experiencias no ámbito educativo e socio comunitario, con especial fincapé na mediación escolar. Polo que respecta a Ribeira, o proxecto Regio está promovido dende as Concellerías de Sanidade e Educació e nel están implicados todos os centros educativos de ensinanza secundaria de Ribeira, ademais da Asociación Renacer e a AD.

 

No nome da "perla do Gargano", asistiron a este encontro Michelle Mascia, presidente do Concello Municipal de Vieste; Giussepe d’Avolio, director do Liceo L. Fazzini; e Pilar Orihuela, profesora e coordinadora pedagóxica do proxecto Regio por parte de Vieste. No nome de Riveira, estiveron presentes, ademais do rexedor municipal, distintos representantes dos centros educativos participantes no proxecto, entre eles o seu coordinador pedagóxico Olegario Sampedro, así como as concelleiras de Sanidade e Educación, Lola Elorduy e Juana Ermitas Crugeiras.

 

Michelle Mascia explicou na súa intervención que Vieste está situada a carón do promontorio do Gargano (a espuela de Italia) e que é unha localidade de entre 13.000 e 14.000 habitantes no inverno que no verán chega a superar os 200.000. Así mesmo, resaltou a importancia do proxecto de colaboración non só dende o punto de vista educativo, senón tamén turístico, e convidou ás autoridades municipais a que visiten o seu territorio. Tamén incidiu na importancia socioeducativa do proxecto o director do Liceo L. Fazzini, Giuseppe d’Avolio.

 

Pola súa parte, Torres Colomer explicou as características que definen ao territorio de Ribeira, e puxo de releve a gran trascendencia que supón para o municipio dar cabida a un proxecto Regio, como se demostra polo feito de que a UE só concedeu 23 destes proxectos a España, e só 3 foron a Galicia: ademais do de Ribeira, un foi concedido á Universidade de Santiago e outro á Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Educación.

 

O encontro incluíu un intercambio de agasallos entre os representantes dous territorios.


Xa lles falamos do proxecto Regio e do fenomenal traballo de mediación escolar feito en Ribeira, aquí

 

 

 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical