Dodro, 24 de marzo de 2010. Xa teñen o cartel pechado: as primeiras xornadas (que nós saibamos) Orghullo de País vanse celebrar na vila natal de Moncho Reboiras na fin de semana do 17 e 18 de abril (sábado e domingo ata a madrugada).
Segundo a información no evento creado en Facebook para a ocasión, as xornadas comezarán ás cinco da tarde cunha conferencia de Goretti Sanmartín Rei, profesora de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña. A docente disertará sobre a situación actual da lingua e dos medios de comunicación axudada por Belén Regueira, xornalista da Radio Galega, presentadora de "O país dos ananos" e "Extrarradio". Unha hora máis tarde, haberá unha charla partillada polos dous intelectuais locais. Son Anxo Angueira (poeta, escritor, profesor de Literatura Galega, integrante do padroado da Fundación Rosalía de Castro) e Manuel Lorenzo Baleirón, profesor de Historia do que xa falamos en Certo por este fermoso texto sobre as Brañas de Laíño: As BraÑas de LaÍÑo
No hay comentarios:
Publicar un comentario