24.3.10

Dodro: o Bng replica ao PP sobre o Plan de Ordenación do Litoral e tíldao de mentirán


    Dodro, 24 de marzo de 2010
. (Nota íntegra do Bng) O pasado 20 de marzo a prensa facíase eco dunha nota de prensa do Partido Popular de Dodro (ver en Certo, aquí). Nela o PP afirmaba que o Plan de Ordenación do Litoral deixa a catro núcleos de Dodro sen desenvolvemento urbanístico. Culpa desta situación tanto ao goberno municipal por non ter ainda aprobado o PXOM coma ao anterior goberno bipartito da Xunta, que, según o PP de Dodro é quen redactou o Plan do Litoral.

    Dende o BNG de Dodro queremos respostar a estas falacias e mentiras ás que xa nos ten acostumados o PP, polo que expoñemos o seguinte:

    Durante ese mes e medio que leva en exposición para os concellos o Plan de Ordenación do Litoral o concello de Dodro encargoulle un estudio á empresa redactora do PXOM para coñecer en profundidade cómo nos afectaría ao PXOM de Dodro. O resultado dese estudio recibímolo hoxe mesmo, 23 de marzo, e nos vindeiros días estudiarémolo en profundidade. Que o Partido Popular non teña constancia deste traballo non debe facelos supór que non existe. A isto queremos engadir que, debido ao farragoso da materia da que se trata e á incomprensión do documento que se remite aos concellos, a maioría dos cooncellos ainda non remitiron as correspondentes alegacións á Xunta, o que provocou que ésta, de oficio, ampliase un mes máis o prazo para a súa apresentación.

    Ademáis, nese mesmo prazo de tempo o goberno de Dodro publicitou a exposición ao público doutro proxecto de calado como é o paseo que polas Brañas quere facer Costas, asesorando á cidadanía afectada, consultando os pormenores do proxecto con asociacións ornitolóxicas, medioambientais, etc. Froito deste traballo presentáronse no rexistro municipal 34 alegacións ao proxecto, unha delas a propia do concello e outra do BNG para plantexar melloras. Non temos constancia que o PP asesorase á veciñanza sobre o tema, nin de que o propio PP teña feito alegacións.



As mentiras do PP

   A nota de prensa remitida polo PP está plagada de mentiras. Queda claro que se opoñen ao Plan de Ordenación do Litoral. Quizáis por iso teñen que afirmar que o redactou o anterior goberno bipartito, cando este Plan do Litoral é froito única e exclusivamente do ano de goberno que leva o PP na Xunta. Terá que explicar, entón, o PP de Dodro por qué o PP na Xunta perxudica, con esta medida, tanto o noso concello.

    A propia proposta de Plan de Ordenación do Litoral, no seu artigo 3 indica que “Ata que o planeamento urbanístico se adapte ao presente plan quedarán excluídos da súa aplicación os solos clasificados á súa entrada en vigor como urbanos consolidados, núcleos rurais ou aqueles que conten con instrumento de desenvolvemento e de xestión aprobado definitivamente”. Polo que que o concello de Dodro teña o seu Plan de Ordenación Municipal en tramitación ou en vigor afecta exactamente o mesmo, xa que se suspenderían as licenzas igualmente.
En calquera caso, o BNG non vai caer na provocación do PP e antes de valorar o impacto que o Plan de Ordenación do Litoral ten sobre o concello de Dodro vai estudiar detidamente o traballo que ao respecto fixo a empresa redactora do PXOM para así redactar as alegacións pertinentes ao POL e negocialas, no posible, directamente coa Xunta para conseguir uns resultados satisfactorios. Instamos ao PP de Dodro a que actúe, neste tema de tanta importancia para o noso concello, con responsabilidade, e, se non está conforme, que llo recrimine aos seus na Xunta, únicos responsables do traballo en fase de alegacións.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical