Na mesma biblioteca presentouse hai pouco o premio Ramón Martínez López. Teñen as bases aquí Boiro, 24 de marzo de 2010. Durante os próximos meses de abril e maio, a Biblioteca Pública Municipal de Boiro, dentro do seu programa anual de promoción da lectura, vai desenvolver diferentes sesións de contacontos baixo a denominación “Unha primavera de conto”.
O obxectivo principal desta actividade é crear un espazo de encontro dos nenos e nenas cos libros e a lectura, ao tempo que se dá a coñecer o fondo bibliográfico co que conta esta biblioteca, contribuíndo así á súa posta en valor. Non só se contarán contos, senón que tamén haberá tempo para a creatividade, xa que dita actividade lectora complementarase con outras actividades lúdicas, coma xogos e cancións, tratando así de achegarse aos libros de diferentes maneiras.
Esta actividade está dirixida a nenos/as de entre 5 a 7 anos e levarase a cabo tódolos xoves de 17.30 a 18.30 da tarde.
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal, (Casa da Cultura “Ramón Martínez López, teléfonos 981 848425 e 981 848410).
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario