5.3.10

Dodro: estudo da poboación para elaborar un Plan de Igualdade

Download now or preview on posterous
socioloxiaDODRO.pdf (91 KB)

Este é un avance dos datos xa procesados, ofrecidos co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Agardan presentar o Plan de Igualdade completo a finais deste mesmo mes de marzo de 2010.



Se eu podo, ti tamén...

Moitos destes datos poderíanse extrapolar a poboacións semellantes a Dodro, do interior e rural galego. A ver se lles sona, por exemplo, este punto:

"En termos xerais, case dous terzos da poboación opina que as tarefas domésticas deben ser repartidas por igual entre tódolos membros da familia independentemente do seu sexo. Sen embargo, a pesar de estar concienciados/as teoricamente, esta non se produce de xeito efectivo na vida cotiá: dúas de cada tres mulleres afirma colaborar moito nas responsabilidades domésticas, mentres que só o 6% dos homes fai o mesmo.

As mulleres encárganse fundamentalmente de facer a colada, de facer e planificar as comidas, da limpeza da casa e das decisións de compra.

Os homes, pola súa parte, fan os pequenos arranxos da casa e o mantemento do vehículo familiar (actividades que non hai que realizar diariamente). As tarefas do campo repártense de xeito máis equilibrado. En canto aos usos do tempo dos homes e mulleres de Dodro, nas tarefas do fogar as mulleres ocupan tres horas diarias máis de media que os homes; e no coidado de fillos/as e dependentes ocupan cerca de dúas horas máis do seu tempo que os varóns".

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical