5.3.10

Política: o Psoe pediralle explicacións a Feijóo se se opón a unha maior transparencia na vida pública

O Viceportavoz do PSdeG respondía hoxe ás declaracións de Núñez Feijóo onte tras o consello da Xunta nas que rexeitaba a iniciativa socialista para facer público o patrimonio e bens dos altos cargos da Xunta e dos deputados


Quererán todos os deputados estar baixo os focos como propón o socialista Lage?


-”Os cargos públicos temos que dar exemplo coa nosa conducta e coa transparencia na nosa actividade pública para facer posible un sistema democrático con maior calidade e credibilidade”, asegura Lage Tuñas.


-O portavoz da Área Institucional do PSdeG agarda que “o Presidente da Xunta de Galicia rectfique as súas palabras e non se opoña a dotar de maior transparencia á vida pública galega “.


Santiago, 3 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage pronunciouse hoxe sobre a oposición do Presidente da Xunta de Galicia á publicación no Diario Oficial de Galiciados bens, rendas, actividades e intereses dos cargos públicos da Administración Autonómica e das súas sociedades, empresas e entes dependentes, así coma dos deputados e deputadas do Parlamento Galego.


Lage Tuñas saiu a responder a afirmación de Núñez Feijóo no día de onte onde expresaba que “que dicho planteamiento no parece muy objetivo en este momento””.

O deputado do PSdeG lembrou hoxe que “na pasada lexislatura comezaron a darse pasos importantes coa aprobación da Lei 4/2006 de Transparencia e Boas Prácticas, pero a sociedade demanda maiores cotas de transparencia e información sobre a actividade dos cargos públicos e é a nosa obriga escoitar as demandas sociais identificadas co interese público”.


O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage recordou hoxe que “só estamos propoñendo unha medida de ética pública e transparencia. Propoñemos a publicación no Diario Oficial de Galicia e en internet das actividades, bens patrimoniais, rendas e intereses dos xestores públicos como unha medida necesaria para facilitar o control sobre a actividade política para o conxunto da cidadanía”.


Lage Tuñas afimaba hoxe que “o Sr. Feijóo terá que dar moitas explicacións si se opón a incrementar a transparencia na vida pública galega. Supoño que terá un bo motivo para non apoiar esta proposta que fixemos os socialistas galegos, continuando coa labor xa feita na pasada lexislatura ao aprobar a Lei 4/2006 de Transparencia, fai agora tres anos”.


O deputado do PSdeG afirma que o Presidente da Xunta ten que aclarar que quere decir “que dicho planteamiento no parece muy objetivo en este momento” (frase pronunciada no día de onte polo Presidente da Xunta de Galicia na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta).



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical